Orzamentos Participativos do Goberno de Lugo: mañá reunión veciñal na Piringalla

Celebrarase no centro de convivencia María Balteira, ás 20:00 horas. Na xuntanza explicarase o funcionamento desta ferramenta de participación activada polo Goberno

Luns, 27 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Orzamentos Participativos do Goberno de Lugo: mañá reunión veciñal na Piringalla

O Goberno de Lugo ten convocada para mañá martes, 28 de agosto, unha nova reunión veciñal sobre os Orzamentos Particiativos. Terá lugar no centro de convivencia María Balteira, a partir das 20:00 horas, e nela as persoas que asistan coñecerán o funcionamento desta ferramenta de participación cidadá que activou o equipo de Lara Méndez para que os veciños e veciñas decidan o destino de 350.000 euros, con cargo ao presuposto deste ano.

Con este proceso, o Goberno fomenta a participación veciñal, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se converta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e a veciñanza.

Estas xuntanzas nos distintos barrios forman parte da primeira fase dos orzamentos participativos: a recollida de propostas de diferentes investimentos de ata 15.000 euros. Ademais das reunións, os veciños e veciñas poden facer chegar as súas ideas a través da web loop.lugo.gal -ata o 9 de setembro- ou ben no Rexistro Xeral do Concello, ata o 7 de setembro. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballo.

Máis información en https://loop.lugo.gal/

Audio

Noticias relacionadas