Orbazai énchese de música tradicional e artesanía coa 6ª Foliada

Carmen Basadre, Miguel Fernández, Germán Gómez e María Barreiro presentaron esta cita, que terá lugar o vindeiro sábado, 4 de xuño

Luns, 30 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Orbazai énchese de música tradicional e artesanía coa 6ª Foliada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e dous membros da directiva da Asociación Cultural Airiños de Orbazai, Germán Gómez e María Barreiro, presentaron este luns no Salón de Plenos a 6ª Foliada de Orbazai, que terá lugar o vindeiro sábado, 4 de xuño. O Concello colabora con esta iniciativa posto que se enmarca na súa aposta polo medio rural.

Durante a presentación, Carmen Basadre, agradeceu aos veciños e veciñas de Orbazai o seu empeño en levar a cabo dende hai seis ano esta xuntanza que une música tradicional, artesanía e bo xantar, “para que a parroquia goce de todo o noso, a nosa tradición, as nosas costumes e a nosa música”. A edil aproveitou para convidar aos lucenses a achegarse ao campo da festa de Orbazai a esta foliada que recupera a cultural e a música tradicional nun marco inmellorable.

Pola súa banda, Gómez e Barreiro agradeceron a colaboración institucional para poder celebrar por sexto ano este encontro, ao tempo que explicaron a programación, que arrincará ás 11:30 horas cunha misa solemne. Ás 12:30 horas terá lugar a apertura dos postos de artesanía, no que se darán cita 10 postos de gaitas, traxe tradicional galego, liño, xoguetes, madeira e coiro, cestaría e palillos, cervexa artesá, cantería, boneco, e panadería. Ás 14:00 horas terá lugar un xantar popular de polbo, churrasco, xamón cocido, empanadas e pan de Ousá. En xornada de tarde haberá actuacións musicais de Airiños de Orbazai, Axeigo de Lugo, a Banda de Gaitas de Outeiro de Rei, Rábade e Begonto, e Retrouso da Estrada. Para rematar a xornada, a asociación ten preparada unha degustación de pinchos e foliada popular.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a 6ª Foliada de Orbazai | Descargar mp3

Multimedia

  • Orbazai énchese de música tradicional e artesanía coa 6ª Foliada

Noticias relacionadas