“As obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos comenzarán en menos de sete días” anunciou Rubén Arroxo

Arroxo anunciou, no primeiro de goberno, “imos tentar dar unha solución rápida a estas obras que levan tempo paralizadas”

Maite Ferreiro trasladou os parabéns do Goberno Municipal a Margarida Carvalho-Calero polo recente recoñecemento do seu pai como persoeiro homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

Mércores, 03 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
“As obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos comenzarán en menos de sete días” anunciou Rubén Arroxo

Rubén Arroxo anunciou o inmediato inicio das obras na rúa Plácido Rei Lemos e explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán do 2018, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona. “Unha multitude de montóns de terra e barandas de plástico ocupan a beirarúa desta rúa próxima ao Parque de Rosalía de Castro” apuntou o Tenente de Alcaldea e explicou que “cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continúuaban sen rematar”.

“Imos tentar dar unha solución rápida e dende o primeiro día puxémonos a traballar para evitar as importantes molestias para as persoas que transitan pola zona e mellorar a imaxe da zona” afirmou Arroxo que estivo acompañado do edil responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. Ámbolos dous concelleiros agradeceron, no primeiro día de goberno, as facilidades e colaboración do persoal de infraestruturas “á hora de axilizar e dar prioridade a un asunto que moitas persoas levaban reclamando dende fai case un ano”.

As concelleiras e concelleiros do BNG incorporánronse hoxe ás tarefas de goberno no concello de Lugo. Despois de que se asinase o Decreto de adscrición de competencias de goberno, os cinco ediles electos do BNG asumiron as responsabilidades correspondentes no goberno municipal. Rubén Arroxo lembrou o seu compromiso coas veciñas e veciños de Lugo que o pasado 26 de maio elixiron un goberno de cambio e progreso para a cidade de Lugo.

Os concelleiros e concelleiras do BNG que, hoxe mesmo, comenzan a formar parte do goberno municipal son: Felipe Rivas, o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Alexandre Penas, edil de infraestruturas, Maite Ferreiro, responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde e responsable da Área de Infraestruturas e Mobilidade.

Felicitación á filla de Carvalho-Calero

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, aproveitou a súa incorporación ás responsabilidades desta Área para trasladar os parabéns do Goberno Municipal a Margarida Carvalho-Calero polo recente recoñecemento do seu pai como persoeiro homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua sinalou a circunstancia de que a filla de Carvalho-Calero é veciña da cidade de Lugo e supón unha honra, tamén para o noso concello, o recoñecemento outorgado pola Real Academia Galega a Ricardo Carvalho Calero.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre as obras e o comezo de Goberno | Descargar mp3

Multimedia

  • “As obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos comenzarán en menos de sete días” anunciou Rubén Arroxo

Noticias relacionadas