O xoves 9 de outubro terán lugar o festival de música negra e electrónica IX SANFROIDANCE

Xoves, 18 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Álvaro Pardo, membro da organización presentaron a novena edición do festival de música Sanfroidance que se celebra o xoves 9 de outubro na Praza de Santa Maria.

Os amantes da música negra e electrónica poderán achegarse e desfrutar das actuación de numerosas artistas con recoñecemento nacional e internacional en música negra e electrónica entre as 17.00 e as 02.30 horas.
 Carmen Basadre destacou a importancia deste festival e sinalou que “apostamos para que no San Froilán teñan cabida todas as tipoloxias musicais para que todos os cidadáns poidan desfrutar durante eses días”. Tamén lembrou que este ano cambia de ubicación e será na Praza de Santa María.
Pola súa parte, Álvaro Pardo, sinalou que “este ano temos un programa moi completo con artistas de prestixio nacional e internacional e nos que se mesturarán estilos musicais como o funk, break ou o swing”. As propostas musicais que acompañararán aos visitantes estan dentro dos estilos coma o Funk, Soul, Jazz,Reggae, Dancehall, Rap, Disco, Break, Swing e Mashup, que se fusionarán coa electrónica máis Grooveira.
Así, actuarán grupos como Mr Paradise, Alex Nite, Beroots Bangers, TrueQuedart, Eme DJ, Dity Honkers, DJ2D2, Drumlazers, e VJ Mosk.

Multimedia

Noticias relacionadas