O xoves 1 de maio darán comezo os Campionatos Nacionais e o I Open Aniversario Radikal Darts en Lugo

Mércores, 30 de abril de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O evento foi presentado polos organizadores da competición así como polo Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío. O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá ata o vindeiro domingo a participación de máis de mil xogadores. Repartiranse 80.785 euros en premios.

O Pazo de Feiras e Congresos acolleu a presentación dos Campionatos Nacionais 2008 Radikal Darts así coma do I Open Aniversario Radikal Darts que terán lugar no Pavillón 2 do citado recinto do 1 ao 4 de maio de 2008.

En dita presentación interviron, José Manuel Díaz Grandío, Concelleiro de Deportes de Lugo, José Javier López, director deportivo de Radikal Darts, Carlos Romero e Óscar Outeda, directores deportivos da Asociación Galega de Dardos, así coma o director xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López.

Díaz Grandío destacou o éxito deste tipo de competicións xa que “o feito de achegar a Lugo a máis de 1000 xogadores durante os catro días de competición garante un beneficio importante para a cidade, sobre todo para hoteis e restaurantes”. Na mesma liña, Rubén López destacou as “dificultades para atopar hoteis este día na cidade, non só gracias á ponte senón e sobre todo polos xogadores de dardos vidos de toda España”.

Os organizadores do evento, resaltaron a importancia dos Campionatos de Dardos, que se celebran por primeira vez en Lugo,xa que achegarán durante os catro días de competición a algo máis de mil xogadores de toda España. Os premios en metélico que se repartirán alcanzarán os 80.785 euros.

O Director Deportivo de Radical Darts, José Javier López explicou a peculiaridade da competición, que reside no tipo de dianas empregadas, as chamadas “Radikal Darts”, que permiten o desenvolvemento de competicións vía Internet e vixiadas mediante unha cámara, o cal multiplica as posibilidades de xogo e de competición, superando con moito ás máquinas convencionais.

A ASOCIACIÓN GALEGA DE DARDOS
A Asociación Gallega de Dardos é unha entidade deportiva sen ánimo de lucro que ten por finalidade a promoción da práctica do xogo de dardos en Galicia mediante a organización de competicións desta disciplina deportiva.

Mediante a organización de ligas de equipos e competiciones individuais, a Asociación Galega de Dardos pretende facer chegar a todo o mundo a práctica deste xogo que cada día cobra máis adeptos en España e máis acentuadamente en Galicia.

Actualmente, as competicións desenvoltas pola AGD abranguen a 57 municipios galegos e nela hai dados de alta 17.000 jugadores. A grande variedade de torneos así como a diana que se utiliza, Radikal Darts, facilita o acceso de moita máis xente a este xogo.

A DIANA RADIKAL DARTS

As competicións que organiza a Asociación Galega de Dardos desenvóvense na diana “Radikal Darts” exclusivamente; isto responde unicamente a que as posibilidades que ofrece esta máquina son as únicas que permiten desenvolver unhas competiciones tan atractivas.

Con “Radikal Darts” las competicións que calquera diana poida ofrecer se amplían debido a súa conexión On-Line, o cal permite entre outras cousas:

• Cada xogador dáse de alta nunha base de datos onde se acumulan e actualizan as súas partidas e resultados na competición.
• Cada xogador cos seus rexistros de participación evoluciona na súa categoría de xogo.
• A Competición On-Line: Con esta diana pódese xogar a tempo real con calquera xogador que nese momento esté en outra diana similar en calquera punto do territorio nacional.
• O xogador ten a posibilidade de participar en varios tipos de competicións sen horarios determinados nen desprazamentos.
• Pódense organizar Torneos Individuais exclusivos en cada local de xogo ou en combinación con outros locais gracias á conexión entre máquinas por Internet. Do mesmo xeito, tamén se poden organizar Ligas Individuais ou de Equipos entre varios locales de xogo.

Ademais, a diana “Radikal Darts” conta cun sistema de cámaras que permiten rexistrar todos os enfrentamentos que se desenvolvan nela, o que evita problemas de trampas, enfrentamentos erróneos ou cambios de xogadores inadecuados.

En definitiva, a posibilidade de participar nunha máquina que identifica ao xogador, evita erros, permite xogar con quen se queira independentemente do punto xeográfico no que se atope, á hora que se queira e a tempo real, fai de “Radikal Darts” e das competicións que nela se basan unha revolución no mundo dos dardos. As competicións Radikal Darts están extendidas por toda España e contan con máis de 300.000 xogadores dados de alta.

Noticias relacionadas