O XIII Torneo Prebenxamíns de Fútbol Sala dará comezo este sábado

Mércores, 02 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o representante de Deporte Escolar da Xunta en Lugo, Carlos González, o representante da Fundación Azkar, Iván Pico, e o representante de Begano, Carlos Lorenzo, presentaron esta mañá o XIII Torneo Prebenxamíns Fútbol Sala Escola Terra.

O Torneo, organizado por Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra, e que conta entre outras colaboracións coa do Concello de Lugo, disputarase os sábados 5, 12, 19 e 26 de maio e os sábados 2 e 9 de xuño no Centro Deportivo Terra e Polideportivo Daniel Cordido da Piringalla. Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, este é un torneo tradicional, xunto co de Nadal, que trata de fixar nas primeiras idades os hábitos saudables e deportivos aos máis pequenos. “A idea é seguir apostando por actividades de este tipo e que os nosos mozos e mozas se enganchen dende pequenos a este deporte” segundo declarou Grandio.

Segundo explicou o representante da Fundación Azkar, poderán participar os nenos e nenas nados nos anos 2004, 2005 e 2006 en dúas divisións. A 1ª división serán 20 equipos (catro grupos de cinco equipos) e a 2ª división onde serán 16 equipos (catro grupos de catro equipos). En total serán 36 os equipos participantes cunha participación ao redor de 540 nenos e nenas procedentes de Lugo capital, a súa provincia e Ourense.

O Concelleiro de Deportes tamén aproveitou para invitar a todos os lucenses e amantes do deporte que se acheguen “tanto sábado como domingo aos partidos do Azkar e do Lugo, xa que en ambos casos son de suma importancia nesta recta final do campionato”.

Multimedia

Noticias relacionadas