O Wii Fit Tour 2008 concienciará aos lucenses sobre os beneficios do exercicio físico

Xoves, 17 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou unha novidosa actividade que terá lugar a vindeira semana  en Lugo.  Os días 22 e 23 de xullo parará na cidade o  Wii Fit Tour 2008 baixo o lema Ponte en marcha con Wii Fit.

Como indicou o Concelleiro de Deportes, trátase dunha acción de promoción do exercicio físico neste caso empregando un novo formato de videoxogo adaptado a determinados deportes: ioga, tonificación muscular, aeróbic...

É unha acción de promoción da actividade deportiva, que tivo unha gran acollida por todos os públicos nas cidades polas que xa pasou, e que está especialmente dirixido ás persoas maiores e ás mulleres para animalas a facer deporte mezclando as novas tecnoloxías dunha maneira divertida.
 
Díaz Grandío explicou que o obxectivo é concienciar á poboación sobre os beneficios de levar unha vida saudable e facelo  de forma divertida.  O programa de exercicios Wii Fit é un novo xeito de entender o deporte incluíndo novas tecnoloxías e múltiples exercicios para facer na casa ou na rúa coa única axuda dunha videoconsola que vai guiando cada un dos teus pasos. Wii Fit foi creado para a consola Wii de Nintendo e segundo explican os organizadores "cambiou a forma de entender os videoxogos grazas a un mando con sensor de movemento".

Os que se acheguen ata a carpa que estará situada na Praza Maior poderán coñecer a Wii Balance Board que é unha táboa de equilibrio inalámbrica con sensores de presión que detecta o peso do xogador e o cambio de presión en calquera dirección. Ademais recibirán información sobre o seu índice de masa corporal e o seu centro de gravidade.

O Tour comezou este mes de xullo na cidade de Vigo e dende aí foron percorrendo diferentes cidades galegas ata chegar a Lugo.

Noticias relacionadas