O violinista internacional Ara Malikian desfrutou da Muralla como Patrimonio Mundial

Luns, 02 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O violinista libanés Ara Malikian desfrutou dun paseo pola Muralla de Lugo despois de ofrecer dous concertos, un para todo o público e outro para nenos e nenas menores de 12 anos, con motivo do XIII aniversario da declaración da Muralla romana de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
O concerto do famoso violinita titulado Colores tivo lugar o sábado, día 30 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio Gustavo Freire e as invitacións para asistir ao concerto gratuíto esgotáronse en só dúas horas, a pesar de que se estableceu o tope máximo de catro entradas que podía retirar cada persoa.
Os nenos e nenas de Lugo tamén tiveron outra oportunidade para disfrutar da música de Ara Malikian xa que o domingo ofreceu un novo concerto gratuíto especial para o público infantil. Este espectáculo, no que fixo un paseo polos Contos do Mundo, está especialmente adicado a nenos e nenas menores de 12 anos e tivo lugar ás 12.00 horas na Caixa Negra do MIHL.
Ara Malikian é un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración e posúe un estilo propio forxado a partir das súas orixes e das ricas vivencias musicais que conseguen unhas das voces máis orixinais e innovadores do panorama musical.
As dúas actuacións que ofrecerá en Lugo esta fin de semana enmárcanse na programación da Concellería de Cultura conmemorativa do XIII aniversario da declaración da nosa Muralla como Patrimonio Mundial. 

Multimedia

Noticias relacionadas