O Videoforum infantil continúa coa proxección de Kirikú y la bruja

Venres, 01 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro Social Díaz de Castro acolle mañá luns 4 de agosto a proxección de Kirikú y la bruja dentro do programa Videoforum infantil. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.

A película conta a historia do pequeno Kirikú, que ven ao mundo nun poboado africano sobre o que a terrible feiticeira Karaba lanzou unha terrible maldición: a fonte secou e os homes desaparecen misteriosamente. Pero Kirikú non ten medo e correrá un montón de aventuras.

Trátase dun conto tradicional do Oeste de África que serve como a base argumental para este filme de debuxos animados, que recrea a colorida e fermosa fábula sobre a liberdade e o crecemento.

Nesta película os rapaces e as rapazas disfrutarán dunha rica visión de interculturalidade, na que se amosa a respetuosa cultura doutras sociedades non occidentalizadas.

O público poderá apreciar a coraxe do protagonista, o levantamento dun pobo frente o inimigo, a sempre doada alienación dos suxeitos pasivos, a aventura do amor por un pobo e por unha dignidade.

Noticias relacionadas