O venres 30 de marzo remata o prazo para inscribirse no "Senatus Lucus Augusti", unha das novidades para o Arde Lucus 2012

Martes, 20 de marzo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende o a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, infórmase que o prazo para formar parte do senado romano remata o venres 30 de marzo.

Para esta tarefa levarase a cabo un obradoiro chamado Senatus de Lucus Augusti, cunha duración de 36 horas ás que haberá que sumar as horas de representación no Arde Lucus e que se levarán a cabo os luns e os mércores entre o 16 de abril e o 6 de xuño. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de marzo e co fin de potenciar a participación do sector masculino no Arde Lucus, e nas actividades teatrais en xeral, a actividade está dirixida a homes preferiblemente de máis de 35 anos e cun mínimo de 18 anos. Esta actividade, que se vai celebrar por primeira vez, pretende mostrar outra das facetas da vida romana como son as intrigas e os debates políticos involucrando a un sector que ten pouca presenza nas obras teatrais como son homes maiores de 30 anos.

O obradoiro, ademais dunha función teatral tamén ten a da aprendizaxe da cultura romana e preparalos non só para as representacións senón tamén para que asuman o rol ficticio de senadores durante os días 22, 23 e 24 de xuño.

A matrícula tramitarase a través do 010 ou da Concellería de Xuventude, e para poder formalizala será necesario presentar a fotocopia do DNI, nas dependencias da Concellería. A matricula será gratuíta.

Noticias relacionadas