O Vello Cárcere, sede de investigación e creación artística, coas Residencias Paraíso

Lugo acolle por segundo ano este programa, que, ademais de fomentar novos proxectos artísticos, pretende visibilizar os procesos de creación, como desenvolven os creadores o seu traballo e que necesitan para elo

Nesta ocasión, a residente é Gena Baamonde, que desenvolverá o seu proxecto Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos dende hoxe e ata finais de mes, cando terá lugar un encontro aberto á cidadanía sobre o seu traballo nese tempo 

Luns, 10 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Linga, Carmen Basadre, anuncio este luns que o Vello Cárcere acolle por segunda vez o programa Residencias Paraíso, un espazo de investigación e creación artística que, ademais de fomentar novos proxectos artísticos, “innovadores, transgresores, reivindicativos e distintos”, tamén busca visibilizar entre a sociedade os proceso de creación, isto é, como desenvolven os creadores o seu traballo e que precisan para elo.

Nesta segunda edición, a residente é a artista Bena Baamonde, que desenvolverá o seu proxecto Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos dende hoxe e ata finais de mes, cando terá lugar un encontro aberto á cidadanía sobre o traballo realizado neste tempo, “ata que punto cheguei e como traballei”, indicou Baamonde.

Esta iniciativa, coa que o Concello amplía a oferta de actividades do Vello Cárcere, potenciándoo como un espazo innovador, está impulsado polo colectivo RPM e conta coa poio da Axencia Galega de Industrias Culturais, e terá lugar, ademais de en Lugo, noutros concellos galegos como A Coruña, narón, Ourense ou Carballo. Estas residencias contan cunha bolsa económica de entre 1.500 e 2.500 euros por proxecto.

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación e impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das compañías consolidadas do territorio galego durante os seus períodos de creación, entendendo por residencia artística un espazo e un tempo dedicado á investigación ou creación, e polo tanto, sen obrigatoriedade de elaboración dun produto escénico concluído.

Audio

Noticias relacionadas