O Vello Cárcere lembra este xoves aos presos políticos condeados a morte cunha lectura das súas propias cartas

Trátase dunha iniciativa da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, en colaboración co Concello, coa que se busca dar impulso á memoria histórica e facer xustiza para os miles de asasinados polo réxime franquista

O acto será ás 20:00 horas, no patio central, e estará conducido pola cantante Pilocha Martínez. Contará cunha conferencia inicial do poeta Xesús Alonso Montero e ademais haberá acompañamento musical de Vadim Yucknevich 

Luns, 29 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere lembra este xoves aos presos políticos condeados a morte cunha lectura das súas propias cartas

O Vello Cárcere lembra este xoves ás presas e presos políticos condeados a morte cunha lectura das súas propias cartas. Trátase dunha iniciativa da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, en colaboración co Concello, coa que se busca dar impulso á memoria histórica e facer xustiza para os miles de asasinados polo réxime franquista.

O acto será ás 20:00 horas, no patio central deste espazo, e estará conducido pola cantante Pilocha Martínez. Contará cunha conferencia inicial do poeta Xesús Alonso Montero e ademais haberá acompañamento musical de Vadim Yucknevich. As lecturas correrán a cargo de familiares, actores e actrices ou profesionais de distintos campos.

Este acto súmase á triple exposición que se pode ver no Vello Cárcere sobre memoria histórica, tanto nas celdas do patio central como no módulo feminino. As mostras son Da guerra á posguerra, Dende o panóptico: cada cela unha fiestra e Vermellas.

Noticias relacionadas