O Vello Cárcere continúa na súa dinámica de actividade cultural, acollendo esta tarde tres alternativas distintas

Ana González Abelleira presentou unha xornada gratuíto sobre o uso das novas tecnoloxías en mozos e mozas, e Carmen Basadre inaugurou a mostra Cruzar el horizonte. Tamén se presentou un libro

Mércores, 13 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere continúa na súa dinámica de actividade cultural, acollendo esta tarde tres alternativas distintas

O Vello Cárcere continúa na súa dinámica cultural. De feito, esta tarde acolleu unha conferencia sobre o uso das novas tecnoloxías entre os mozos e mozas, así como a inauguración da mostra Cruzar el horizonte, e a presentación dun libro.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, presentou, no auditorio deste centro, a xornada gratuíta, dirixida principalmente a familias e docentes, Desfrutar sen riscos nin abuso de internet, móbiles e redes sociais. O licenciado en informática e autor de varias publicacións e materiais didácticos relacionados co uso seguro das TIC, Jorge Flores, foi o encargado de impartir esta conferencia, coa que o Concello busca dar a coñecer como viven as e os adolescentes a súa vida dixital, identificar cales son os retos e as estratexias preventivas, así como pór en valor e potenciar as oportunidades que brinda a actual sociedade conectada a internet.

Por outra banda, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inagurou unha nova exposición. Trátase dunha mostra composta por 33 cadros, da artista Pilar Llamas, cos que a autora busca trasportar á persoa espectadora a un horizonte de soños e a un realismo máxico. Esta é a segunda exposición pictórica de Llamas, tras participar en distintas colectivas de pintura abstracta. Posteriormente, tivo lugar a presentación do seu segundo libro, que reúne 22 narracións. 

Esta exposición poderase visitar ao longo deste mes, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Multimedia

  • O Vello Cárcere continúa na súa dinámica de actividade cultural, acollendo esta tarde tres alternativas distintas

Noticias relacionadas