O Vello Cárcere acollerá un proxecto fotográfico para concienciar sobre a discapacidade visual

Trátase da mostra Retratos sobre fondo negro, que recolle 41 imaxes, realizadas por Pilo Gallizo

A inauguración é o martes, 2 de outubro, ás 20:00 horas, e contempla un concerto de Guadi Galego & Guillerme Vázquez. A exposición poderá visitarse ata finais de decembro

Venres, 28 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acollerá un proxecto fotográfico para concienciar sobre a discapacidade visual

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres, no patio central do Vello Cárcere, un proxecto fotográfico que acollerá este centro sociocultural. Trátase da mostra itinerante Retratos sobre fondo negro, que recolle a experiencia de superación de Pilo Gallizo. É unha exposición froito dunha serie de visitas que tivo na casa Gallizo como consecuencia dun período de convalencia dunha enfermidade, no período dun ano, que lle provocou a perda do 70% da visión.

No acto, Carmen Basadre puxo en valor este mostra, coa que Concello e Asociación Tiresias Galicia conmemoran o Día Mundial da Visión, que coincide o xoves, 11 de outubro. Así mesmo fixo fincapé nesta iniciativa cultural que pretende ser tamén un acto de concienciación e de apoio a todas as persoas con baixa visión, ao tempo que se emprega a fotografía como feramenta para a transformación social.

Retratos sobre fondo negro recolle 41 imaxes. Poderán verse nas celdas do Vello Cárcere dende o martes, 2 de outubro ata finais de decembro. A inauguración terá lugar o propio martes, ás 20:00 horas e contempla un concerto de Guadi Galego & Guillerme Vázquez.

Audio

Noticias relacionadas