O Vello Cárcere acollerá a serie amarela da obra de Xaime Quesada, unha exposición de pintura en defensa dos dereitos humanos

Carmen Basadre asinou hoxe un convenio coa presidenta da Fundación Xaime Quesada, para a cesión das obras, para a súa exhibición nas celas da segunda pranta deste centro, por un período de 4 anos. A mostra inaugurarase en febreiro

A elección deste pintor ven refrendada polo espírito universalista que emana da súa creación, influenciada por unha irresistible necesidade de volcar nos seus cadros o berro angustioso ante a crueldade humana

Martes, 11 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acollerá a serie amarela da obra de Xaime Quesada, unha exposición de pintura en defensa dos dereitos humanos

O Vello Cárcere de Lugo acollerá, nas celas da segunda planta, unha extraordinaria selección de cadros da Serie Amarela do artista de prestixio mundial, Xaime Quesada. Para elo, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asinou este martes, no patio central deste centro sociocultural, un convenio coa Fundación Xaime Quesada Blanco, da que asistiron ao acto súa presidenta, María Jesús Blanco e a súa xerenta, Paula Serrano. Dito convenio, establece un prazo de cesión das obras, para a súa exhibición, de catro anos e previsiblemente, a mostra inaugurarase en febreiro.

"Para o Vello Cárcere hoxe é un día importante e bonito", subliñou a edil no acto da sinatura, ao tempo que destacou que esta exposición deriva do desexo de respetar o símbolo da loita contra a represición e a defensa dos dereitos humanos, ao tempo que se rende unha homanaxe universal ás vitimas do horror das ditaduras e das guerras.

Pola súa banda, Blanco amosou o seu agradecemento porque "Lugo acolla esta exposición nun museo tan acorde coa situación que expresa na súa obra con esta colección, bastante descoñecida, pois soamente se expuxo nun sitio".

A elección deste pintor ven refrendada polo espírito universalista que emana da súa creación, influenciada por unha irresistible necesidade de volcar nos seus cadros o berro angustioso ante a crueldade humana. As preocupacións éticas e sociais aparecen reflictidas, como unha pegada indeleble en toda a súa obra, e Xaime Quesada é capaz de estampar nos seus trazos valores éticos de carácter universal, como a loa pola defensa dos dereitos humanos, a solidariedade e o pacifismo; ademais de imprimir unha fonda inquedanza existencial causada pola dor infinita ante o horror que causan as guerras, a pena de morte, a tortura, a miseria e a fame. Esta temática terrible mestúrase cunha descarnada sensibilidade que logra unha beleza tráxica e descougante nos seus cadros.

Xaime Quesada ten pezas expostas en museos espallados polo mundo, como Londres ou Paras, e é quizais o artista galego de maior proxección, polo que suporá unha proxección internacional para Lugo e para o Vello Cárcere. 

Audio

Noticias relacionadas