O Vello Cárcere acolle este mércores unha xornada que ofrecerá as claves para entender mellor a factura eléctrica

De acceso libre e gratuíto, terá lugar ás 17:30 horas

Luns, 21 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O centro sociocultural do Vello Cárcere acollerá este mércores, ás 17:30 horas, unha xornada informativa de acceso libre e gratuíto sobre a factura eléctrica. Baixo o título Dálle luz á túa factura, na charla ofreceranse as claves para entender mellor a factura da electricidade, aclararanse as dúbidas dos asistentes sobre a interpretación da mesma e amosarase como aforrar en consumo enerxético e, deste xeito, custes. O Concello colabora coa organización da xornada, impulsada polo INEGA e o Instituto Galego de Consumo.

Noticias relacionadas