O Vello Cárcere abre mañá novos servizos para a cidadanía

Estas prestacións póñense a disposición da cidadanía tras adxudicarse e asinarse o novo contrato de xestión para este centro sociocultural

Trátase do servizo de recepción, do espazo de lecer infantil e do espazo didáctico

Xoves, 16 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro Sociocultural do Vello Cárcere abre mañá venres, 17 de maio, novos servizos para veciñanza e visitantes de Lugo, prestacións que se poñen a disposición da cidadanía tras adxudicarse e asinarse o novo contrato de xestión para este centro. Concretamente son os seguintes:

  • Servizo de recepción: a entrada ao centro realizarase a partir do 17 de maio a través da porta principal. As persoas con mobilidade reducida terán acceso adaptado á recepción pola porta lateral esquerda. As persoas usuarias atoparán neste espazo toda a información sobre as actividades que se desenvolven no centro así como información xenérica da cidade e do municipio.
  • Espazo de lecer infantil: destinado a nenas e nenos de 3 a 8 anos . Este espazo está pensado para que as persoas visitantes do centro poidan contemplar as exposicións e asisitir aos eventos do Vello Cárcere, mentres os seus fillos e fillan gozan dun programa de actividades didácticas culturais que os acheguen á historia do edificio.
  • Espazo didáctico: estréase este espazo cunha actividade en memoria de Antón Fraguas Fraguas, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019. Terá lugar no calabozo do segundo andar o venres 17, sábado 18 e domingo 19 en horario de 11:00-12:00, 12:30-13:30, 17:00-18:00 e 19:00-20:00 horas.

Noticias relacionadas