O Torneo Prebanxamíns de Fútbol Sala do Azkar Prone chega a súa decimoquinta edición

As probas celebraranse os sábados 9, 16, 23 e 30 de maio e 6 e 13 de xuño en diferentes centros deportivos da cidade

Xoves, 07 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e o Xerente do Azkar Lugo FS e da Fundación Azkar, Iván Pico, presentaron esta mañá o XVI Torneo Prebenxamín Fútbol Sala Escola Terra.

O Torneo, organizado por Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra, e que conta entre outras colaboracións coa do Concello de Lugo, disputarase os sábados 9, 16, 23 e 30 de maio e os sábados 6 e 13 de xuño no Centro Deportivo Terra, no Pazo Municipal de Deportes, no Pabillón Daniel Cordido da Piringalla, e na Casa do Deporte de Frigsa. Según destacou o Concelleiro de Deportes, este é un torneo tradicional, que trata de fixar nas primeiras idades os hábitos saudables e deportivos aos máis pequenos. “Este ano prevese a presencia de máis de 6000 nenos e nenas que virán acompañados polas súas familias, o que suporá unha importante cantidade de persoas na cidade” segundo declarou Grandio.

Segundo explicou o representante da Fundación Azkar, Iván Pico, “este ano superamos o record de participación ao congregar máis de 600 nenos e nenas” nados nos anos 2007, 2008, 2009 e 2010. Nesta edición xogaranse máis de 130 partidos, repartidos en 46 equipos diferentes, tendo como novidade a inclusión dun clube da provincia de A Coruña.

Audio

  • José Manuel Díaz Grandío na presentación do torneo | Descargar mp3

Noticias relacionadas