O Street Market volveu este martes para dinamizar o comercio da cidade

A Alcaldesa destacou que con esta iniciativa trátase de que a xente se achegue aos establecementos, foméntase o comercio de proximidade e dinamízase a cidade

Martes, 20 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Street Market volveu este martes para dinamizar o comercio da cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, visitaron este martes os postos do IX Street Market, no que participaron máis de 90 comercios da cidade que ofreceron ao longo do día de hoxe descontos de ata o 80% en artigos de todos os sectores. Nesta visita tamén participaron a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Durante a visita, Lara Méndez  destacou que co Street Market “trátase de que a xente se achegue aos establecementos e esta é unha boa forma de conseguilo, porque ademais deste xeito foméntase o comercio de proximidade e dinamízase a cidade. Por iso, o Concello colabora con esta iniciativa, que contou sempre con moito éxito entre a cidadanía”.

Noticias relacionadas