O Servizo Municipal de Drogodependencias informará ós mozos lucenses dos efectos negativos do alcohol

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, a través da Asociación Alborada, realizará a terceira intervención no botellón do Parque de Rosalía de Castro entre as 11 da noite e as 3 da madrugada de mañá sábado 1 de setembro.

A intervención consiste na ubicación dunha mesa informativa no parque, lugar que se converteu nos últimos anos no espazo elexido polos mozos de Lugo para facer botellón. Os monitores da actividade conversan cos rapaces e informanlles das repercusións e dos efectos negativos do consumo excesivo de alcohol. Ademais trátase de que sean conscientes das súas responsabilidades e das consecuencias máis inmediatas: o perigo que ten mesturar alcohol e conducción, o ruído que producen e molesta ós veciños da zona ou o estado de suciedade no que queda o parque despois do botellón.

Esta é a terceira intervención que se realiza nesta zona de concentración dos mozos da cidade nas noites de fin de semana. Nas anteriores ocasións, a iniciativa enmarcada dentro do Proxecto Creative, tivo moi boa acollida entre os rapaces. Foron moitos os que se achegaron á mesa informativa para concienciarse do risco que supón o consumo excesivo de determinadas substacias dañinas.

Noticias relacionadas