O Servizo de Prevención de Drogodependenzas iniciará unha nova edición de Cinensino

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, inicia mañá, mércores 31 de outubro, unha nova edición do programa Cinensino.

Este programa, que se engloba dentro do Plan Nacional contra a Drogadicción, contempla a proxección de tres películas, unha por trimestre, que posteriormente son traballadas individualmente polos asistentes con fichas que se lles repartirán á finalización das proxeccións.

O programa deste curso iniciarase coa proxección do filme Alex Rider. Operación Strombreaker. Poderá verse en dous pases, ás dez da mañá e ás doce, no Auditorio Gustavo Freire.

Está xa confirmada a participación nesta primeira proxección do ciclo de 539 alumnos e 26 profesores procedentes de 7 centros de ensino de primeiro e segundo de Educación Secundaria.

As proxeccións continuarán no mes de febreiro coa película Salvatore. Así es la vida e con Un puente hacia Terabitia no mes de abril.

Noticias relacionadas