O servizo de limpeza viaria diminúe mañá o número de dispositivos pola celebración do patrón

Martes, 10 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a área de Medio Ambiente dase traslado de que, logo de adiar voluntariamente unha semana a celebración do seu patrón, por coincidir a propia xornada do 4 de novembro coa saída en Lugo da etapa da Volta Ciclista, o cadro de persoal do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo festexará mañá a San Martín de Porres, de maneira que os dispositivos municipais veranse reducidos sensiblemente durante toda a xornada.

O Concello pide desculpas á veciñanza polas molestias que estas variacións no servizo poidan ocasionar.

Noticias relacionadas