O servizo de limpeza co Concello recolleu 3,5 toneladas de lixo tras a festa da Carballeira

Despregou un dispositivo especial formado por 16 operarios e 9 máquinas para deixar o entorno en perfecto estado

Xoves, 06 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O servizo de limpeza co Concello recolleu 3,5 toneladas de lixo tras a festa da Carballeira

O servizo de limpeza do Concello de Lugo recolleu este xoves, dende as 07:00 ata ao redor das 10:30 horas, 3.520 quilos de residuos na Carballeira e nas súas inmediacións tras a festa celebrada onte neste entorno, unha cantidade que baixou en 500 quilos con respecto á edición de 2016.

O dispositivo especial posto en marcha pola entidade local para deixar en perfecto estado a Carballeira estivo formado por 16 operarios (4 condutores, un maquinista e 11 peóns equipados con sopradores) e 9 máquinas (un camión recolector, un camión satélite, dúas varredoras de calzada, unha varredora de beirarrúas, unha cisterna, unha hidrolimpadora, un equipo mixto e un camión de caixa aberta).

O servizo de limpeza non detectou este ano ningún destrozo no mobiliario urbano do recinto.

A Policía Local despregou un servizo integrado por tres Unidades Móbiles que permaneceron nas inmediacións da Carballeira durante a celebración da festa.

Multimedia

  • O servizo de limpeza co Concello recolleu 3,5 toneladas de lixo tras a festa da Carballeira

Noticias relacionadas