O Servizo de intérprete de lingua de signos do Concello atendeu un total de 1164 prestacións

Mércores, 17 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo de Intérprete de lingua de signos do Concello de Lugo e a Asociación lucense de Sordos (ALUSOR) atendeu no ano 2009 un total de 1.164 solicitudes. O mes que máis actividade tivo o servizo o ano pasado foi marzo con 158, seguido do mes de abril con 142 e xaneiro con 134.

En canto ao tipo de usuarios do servizo a maioría foron homes, máis dun 60%, e 22 entidades públicas ou privadas solicitaron un intérprete de lingua de signos ao longo do ano.

O Concello de Lugo e Alusor asinaron un convenio de colaboración para a creación deste servizo no 2007. O obxectivo é traballar pola eliminación das barreiras de comunicación como principal obstáculo para acadar a total integración, social e laboral, das persoas con discapacidade sensorial.

O servizo pódese solicitar a través dalgún dos seguintes medios que o Concello e Alusor poñen á disposición da cidadanía:

- A través do 010 (ou 982 297 350 se chaman de fóra de Lugo)
- A través do fax 982 297 349.
- Enviando un sms ao móbil 639107010
- Do mail 010@concellodelugo.org
- A través da páxina web do Concello www.lugo.es

Para poder prestar o servizo a solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 24 horas.

Noticias relacionadas