O santiagués Héctor Cajaraville Araújo, gañador do XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole

A obra gañadora deste certame, organizado polo Concello, titúlase Once portas. Recibirá un premio de 4.000 euros, ademais de publicarse a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia

Martes, 29 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo deu a coñecer este martes o gañador do XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, premio que recaeu en Héctor Cajaraville Araújo, residente en Santiago de Compostela, pola obra Once portas, presentada baixo o lema Amelia I.

O xurado reuniuse esta tarde na Casa Consistorial baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e como secretario o Coordinador de Publicacións do Concello, Darío Xohán Cabana. O xurado estivo formado pola escritora gañadora dunha anterior edición deste certame, Mercedes Leobalde, o escritor Antonio Reigosa e o ensaísta, crítico, editor e director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.

A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que nesta edición está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.

Noticias relacionadas