O San Froilán contará no seu cartel coa Quenlla, Mambo Jambo, Caxade, Familia Caamaño, Arrytmia e Conducto Coloquio

Carmen Basadre avanzou estas actuacións que terán lugar na Praza de Santa María os días 5, 6 e 10 de outubro

Martes, 13 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, avanzou este martes novas actuacións para estes festexos, que no pasado ano reuniron en Lugo a máis de 570.000 persoas na cidade. Trátase do grupo tradicional galego A Quenlla, que actuará o día 6 de outubro na Praza de Santa María, segundo deu a coñecer a edil, quen sinalou que ofrecerán un concerto en homenaxe a Manuel María.

A edil tamén anunciou a actuación da banda barcelonesa Mambo Jambo, que misturará rock&roll, rhythm&blues, surf e swing, o luns 10 de outubro, na Praza de Santa María. O galego Caxade, o grupo Familia Caamaño, e os lugueses Arrythmia e Conducto Coloquio ofrecerán o mellor indie-folk, punk-rock e do blues, o día de San Froilán na mesma praza de Santa María.

Nestas festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional, o Concello busca a variedade de artistas e grupos para que o San Froilán sexa do máis plural posible, e que permita que dende os máis cativos aos máis maiores formen parte destes días tan marcados para os lugueses.

Audio

  • Carmen Basandre, sobre as actuacións do San Froilán | Descargar mp3

Noticias relacionadas