O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos

Os veciños e veciñas poden seguir achegando as súas propostas ata o 9 de setembro a través de loop.lugo.gal ou no Rexistro Xeral Tras esta reunión, o Goberno achegarase a outras barrios da cidade.

O Concello informa destas reunións tanto na súa web www.lugo.gal como nas redes sociais.

Xoves, 09 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos

O local social dos maiores do Sagrado Corazón acolleu este mércores a primeira xuntanza do Goberno de Lugo coa veciñanza para implicala nos Orzamentos Participativos, un proceso no que será a cidadanía a que decida en que e en onde investir os orzamentos municipais. Así, os lugueses e luguesas poderán, unha vez máis, decidir de forma directa o destino de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.

Ao redor de 25 persoas participaron nesta primeira reunión, que presentou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e na que tamén estivo presente a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo.

Esta é a primeira fase dos orzamentos participativos, a recollida de propostas de diferentes investimentos de ata 15.000 euros, que estará aberta ata o 9 de setembro. Ademais desta ferramenta de participación, os veciños e veciñas poden facer chegar as súas ideas a través da web loop.lugo.gal ou ben no Rexistro Xeral do Concello. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballos.

Tras esta reunión, o Goberno achegarase a outras barrios da cidade. O Concello informa destas reunións tanto na súa web www.lugo.gal como nas redes sociais.

Obxectivos dos Orzamentos Participativos

Este proceso de participación veciñal persegue tres obxectivos fundamentais:

  • Fomentar a participación a través dun exercicio público transparente, procurando a maior participación veciñal posible, que permita a vinculación activa das e dos lucenses co desenvolvemento local do seu municipio.
  • Promover que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e decisións, e que poida converterse en protagonista activa do que ocorre no seu municipio, tanto nas zonas  urbanas coma nas rurais; afondando así na democracia participativa.
  • Mellorar a comunicación entre Concello e veciñanza, xerando espazos nos que achegar ideas que incentiven o consenso sobre a forma de como deben gastarse os recursos municipais, ao tempo que serve de instrumento para promover a solidariedade entre a cidadanía e os seus barrios.

Máis información en https://loop.lugo.gal/

Multimedia

  • O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos

Noticias relacionadas