O vindeiro sábado 11 e domingo 12 o Mercado Municipal acolle a II Exposición de Camelias

Terá lugar no Mercado de Abastos e durante todo o dias as persoas interesadas poderán gozar das variedades de camelias que achegan os 16 expositores

Xoves, 09 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O vindeiro sábado 11 e domingo 12 o Mercado Municipal acolle a II Exposición de Camelias

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Presidente da Asociación de Camelias de Galicia, Edmundo Novoa, presentaron esta mañá a II Exposición de Camelias en Lugo que terá lugar o sábado 11 e domingo 12 de abril.

Os amantes das prantas e das camelias poderán achegarse ao Mercado Municipal Quiroga Ballesteros dende as 11 da mañá e ata as 19 horas do sábado e ata as 14 horas do domingo.

Carmen Basadre explicou que esta idea xurdiu o ano pasado por parte da Asociación do Mercado “é unha boa oportunidade para promocionar o Mercado pero tamén para poder ver moitas variadades de camelias”. A Concelleira de Cultura tamén invitou a todos os veciños e veciñas que se acheguen polo Mercado para desfrutar das prantas.

Durante toda a xornada os amantes desas prantas e os curiosos que se acheguen poderán desfrutar dos centos de variedades de camelias que reúnen a un mínimo de 16 expositores chegados de toda Galicia. Estes coleccionistas mostraran variedades únicas deste pranta que ten unha flor efímera e tamén, algún deles, venderán prantas para aquelas persoas que queiran levar camelias, segundo explicou Edmundo Novoa.

Esta actividade tamén conta co apoio da Deputación de Lugo e a Asociación do Mercado Municipal Quiroga Ballesteros.

Audios

Noticias relacionadas