O próximo luns 11 de maio ábrese o prazo de inscrición para o vindeiro curso da Escola Municipal de Música

O prazo de inscrición para novos alumnos comezará o 1 de xuño e rematará o 15 de xuño

Venres, 08 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música do Concello de Lugo abre este próximo luns 11 o prazo para inscribirse para o próximo curso 2015/2016 para os alumnos que xa están cursando este ano. O prazo para estes alumnos que queiran continuar cos seus estudos o próximo curso remata o 25 de maio.

Para o novo alumnado o prazo de inscrición comezará máis tarde, o 1 de xuño, e rematará o 15 de xuño. En todo caso, a elección de horarios farase por orde de matrícula. Durante este curso o número de alumnos foi de 791 entre nenos e nenas e adultos e agárdase que para o próximo curso a cifra sexa similar e conta cun orzamento aproximado de máis de 700.000 euros.

Entre as materias que se imparten, tanto a nenos como a adultos, figuran ensinanza da linguaxe musical e instrumentos sobre todo de vento e percusión (frauta, clarinete, saxofón, fagot, gaita, percusión tradicional, entre outros).

Os horarios de matrícula serán os luns de 09.30 a 13.30 e de 16:30 a 21.00, os martes de 17.00 a 21.00 hora, os mércores e xoves de 16.00 a 21.00 horas, e venres de 16.00 a 19.00 horas na secretaría da Escola de Música situada na primeira planta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

As prazas que se ofrecen son nas seguintes especialidades:

BLOQUE A-B INSTRUMENTOS

  • Frauta traveseira
  • Clarinete
  • Saxofón
  • Fagot
  • Trompa
  • Trompeta
  • Trombón
  • Tuba-bombardino
  • Percusión 
  • Gaita
  • Pito pastoril galego

BLOQUE C LINGUAXE

  • Música e movemento 3-4
  • Música e movemento 5-6
  • Formación básica
  • Linguaxe musical 1
  • Linguaxe musical 2
  • Linguaxe musical 3
  • Linguaxe musical 4
  • Linguaxe musical 5
  • Prepa. Acceso conservatorio elem
  • Prepa. Acceso conservatorio g.m.
  • Formación de adultos 1
  • Formación de adultos 2
  • Formación de adultos 3
  • Formación de adultos 4
  • Formación de adultos 5
  • Apoio musical
  • Historia da música
  • Informática
  • Iniciación a gravación de son
  • Harmonía clásica
  • Harmonía jazz
  • Improvisación
  • Análise
  • Formas musicais

BLOQUE C AGRUPACIÓNS PRAZAS

  • Técnicas de respiración
  • Big band
  • Combos
  • Grupo de metais
  • Grupo de clarinetes
  • Grupo de clarinetes infantil
  • Grupo de saxofóns
  • Grupo de frautas
  • Banda da escola
  • Círculo de tambores adultos
  • Circulo de tambores infantil
  • Grupo de pandeiretas
  • Grupo de percusión tradicional
  • Coro moderno
  • Grupo tradicional
  • Charanga

Noticias relacionadas