O próximo domingo 9 celebrarase a XIII Exposición de Cogomelos no que se agardan recoller máis de máis de 240 especies diferentes

Martes, 04 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Fernández, Vicepresidente da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XIII Exposición de Cogomelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante o domingo 9 de novembro, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

Carmen Basadre sinalou que “son trece anos nos que traballaron intensamente para que os veciños e veciñas de Lugo coñezan de preto o mundo dos cogomelos e o resultado é o gran número de persoas que cada ano se achega a esta exposición para ver os exemplares recollidos cada ano”. Neste sentido invitou a toda a cidadanía a acudir o próximo domingo ao CEIP Rosalía de Castro para ver a exposición.

Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especia en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade, segundo sinalou Manuel Fernández. Ademais destacou que nos últimos anos se chegou a ter preto de 250 especies de setas diferentes e que se atopan en entornos próximos a Lugo ademais de sinalar que “este ano as condicións meteorolóxicas motivaron que ata hai poucos días aínda se visen cogomelos propios do verán ou da primaveira pero esta semana de chuvia vai a propiciar que medren os de esta época”.

A Sociedade Micolóxica Lucus ten como un dos seus obxectivos a promoción e divulgación deste recurso forestal como é a micoloxía tanto dende o aspecto económico, culinario e ecolóxico.

Multimedia

Noticias relacionadas