O Proxecto PARQUE asesorará virtualmente ás empresas en materia tecnolóxica e de innovación

Xoves, 06 de marzo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Vicerreitor adxunto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, Agustín Merino, presentaron as unidades transfronterizas de apoio do Proxecto PARQUE.

A Concelleira explicou que “estas unidades servirán como soporte para a mellora e o desenvolvemento dos parques”, xa que só 11 dos 288 que forman parte da eurorrexión dispoñen de servizos de videoconferencia, 16 de servizos de información empresarial, e 29 de servizos de vixilancia de empresas. Unicamente cinco dos parques aglutinan este conxunto de servizos básicos dixitalizables.

Así, as unidades, a de apoio tecnolóxico á Peme e a de apoio ao inventor, están orientadas a dar soporte e asesoramento tecnolóxico, así como ao estímulo á creación de patentes. Para isto promoverase o acceso a financiación pública e privada para a posta en marcha de proxectos empresariais a partires de novas creacións.

Adaptación ao mercado
O proxecto Parque fomentará que as empresas innoven, que compitan con propostas diferentes, chamativas, que entren no mercado con produtos diferenciados que sexan demandados polos consumidores. Iso esixe que os empresarios sexan creativos, que conten con ferramentas e coñecementos dabondo para aportar o que demanda en cada momento o consumidor.

Con estas unidades de apoio o que se pretende é achegar a tecnoloxía, as TIC, ás pemes e apoiar os inventos, as novas creacións.

Vivimos nun mundo globalizado no que as empresas situadas en parques empresariais deben competir oferecendo produtos alternativos e ocupando os espazos baleiros de produtos que a sociedade demanda. Dende o proxecto Parque pártese da idea de que é preciso estimular a creación, colaborar e asesorar para competir en calidade e en novas prestacións, por iso puxéronse en marcha as unidades de apoio.

1.- Unidade transfronteriza de apoio a inventores
Pretende facilitar a captación de usuarios nos respectivos ámbitos territoriais de actuación do Proxecto PARQUE. Con esta actividade, preténdese crear un marco de referencia a nivel da autorrexión que dé soporte á materialización práctica da creatividade intelectual en actividades económicas sostibles evitando a actual pérdeda de coñecemento e de oportunidades de Spin-off (proyecto nacido como extensión de otro anterior, o más aún de una empresa nacida a partir de otra mediante la separación de una división, subsidiaria o departamento de la empresa para convertirse en una empresa por sí misma.).

Ademáis, a USC recolle, a través do Programa UNIEMPRENDE, todas as actividades relacinadas co campo da creación de empresas de base tecnológica. Este é un plan que abarca todas as fases que un emprendedor debe percorrer para lanzar o seu novo negocio:a captación e formación de emprendedores, a avaliación de tecnologías, o asesoramento, a incubación e financiación de proxectos empresariais. Neste programa hai 4 obxectivos fundamentais:
- Difusión da cultura emprendedora;
- detección de proxectos empresariais;
- información e servizos de apoio ao emprendedor;
- infraestrutura de apoio á creación de empresas.

A Unidade Transfronteriza de Apoio ao Inventor apoiará ao personal das empresas dos Parques empresariais implicados no Proxecto Parque, que teñan unha idea de negocio e queren levar a cabo unha actividade empresarial, a desenvolver dicha idea facilitando as ferramentas necesarias para a súa posta en marcha. Potenciarase a promoción de iniciativas de empresas de base tecnolóxica.

2.- Unidade Transfronteriza de apoio tecnolóxico ás Pemes.
Esta unidade está orientada a proporcionar asesoría e orientación tecnológica en determinados aspectos da área das TICs. Foméntase a creación de intranets, extranets e portais web como ferramentas de colaboración para as empresas.

O desenvolvemento das empresas parte tamén dunha formación completa, por iso esta unidades inclúe a teleformación, e-learning con aplicacións de software libre.

Entre os obxectivos da aplicación por parte das empresas das novas tecnoloxías está a mellora das xestións das relacións con clientes, a potenciación do comercio electrónico e dos catálogos web de productos ou servizos , así como o incremento da seguridade en Internet.

Inscricións
Para participar desta formación, as empresas que o desexen, deberán acreditar a súa ubicación nalgún dos parques participantes no Proxecto: o Polígono Industrial de O Ceao, o Polígono Industrial de Sabón, o Parque Tecnolóxico de Galicia, o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, a Zona Industrial de Chaves e a Zona Industrial de Braganza. As instruccións para o rexistro estarán disponibles no espacio web das Unidades Transfronterizas da páxina do Proxecto Parque: www.proyectoparque.net.

Noticias relacionadas