O Presidente e a Alcaldesa de Lugo asinan o convenio a través do que a Deputación aporta 28.000€ para celebrar o circo romano do Arde Lucus

A Deputación renova a súa colaboración con esta cita coa historia romano castrexa de Lugo que este ano recupera o seu esplendor e supón un revulsivo económico para a cidade

Sábado, 04 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Presidente e a Alcaldesa de Lugo  asinan o convenio a través do que a Deputación aporta 28.000€ para celebrar o circo romano do Arde Lucus

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres coa Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 28.000€ ao Concello para celebrar a representación do circo romano do Arde Lucus.

José Tomé destacou que a Deputación mantén “o compromiso de colaboración con esta celebración, que este ano recupera todo o seu esplendor, e polo tanto tamén, toda a súa capacidade como revulsivo económico para a cidade e a provincia”. “Son moitas as persoas que durante estes días se achegan a Lugo para celebrar esta recreación histórica, que supón unha promoción de primeira orde”, indicou o mandatario provincial.

A institución provincial aposta por actividades que poñen en valor a cultura e o patrimonio e que dinamizan a economía como é o Arde Lucus, “unha cita que sen dúbida volverá encher as rúas de xente e dará boa mostra de que é unha aposta turística segura e con moito futuro na nosa provincia”, indicou o Presidente.

A Alcaldesa de Lugo agradeceu "a colaboración da entidade provincial e o seu compromiso con esta cita, que xa é un referente a nivel nacional e que supón unha importante repercusión económica, tanto para Lugo como para a súa provincia" A rexedora lembrou que "dende o Concello e da man das asociacións de recreación histórica estamos a traballar para acadar o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional, que contribúa a potenciar aínda máis o atractivo turístico da cita e conseguir que cada ano sexan máis as persoas que se animen a visitarnos para coñecer o noso pasado romano-castrexo".

Multimedia

  • O Presidente e a Alcaldesa de Lugo  asinan o convenio a través do que a Deputación aporta 28.000€ para celebrar o circo romano do Arde Lucus

Noticias relacionadas