- Tema
Continúa aberto o prazo para presentar os traballos ao concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008 organizado pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre. O obxectivo do certame é elexir o cartel anunciador do programa programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos.
Os autores deberán reflexionar sobre a discapacidade co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade. Os deseños deben destacar a discapacidade como unha relación co contorno, considerando con especial interese a representación de valores como a diversidade, dignidade, recoñecemento, vida independente, así como inclusión e participación social, en definitiva, os dereitos humanos.
Os traballos poderán ser presentados, en sobre pechado, no Rexistro Municipal do Concello de Lugo ata o vindeiro 31 de outubro.
O gañador ou gañadora do concurso recibirá un premio consistente nunha consola Wii, mentras que os demais autores recibirán un diploma pola súa participación.