O prazo para a inscrición nos cursos intensivos de natación para nenos e nenas comeza o próximo luns 8 de xuño

Estes cursos impártiranse durante o mes de setembro nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras

Martes, 02 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe Jose Manuel Díaz Grandío, informa que o próximo luns 8 de xuño e ata o mércores 10 de xuño abrirase o prazo para inscribirse nos cursos intensivos de natación 2015 que terán lugar durante o mes de setembro.

Así, tanto nas piscinas municipais de Frigsa como nas Pedreiras, durante o mes de setembro impartiranse cursos de aprendizaxe e iniciación básica dirixida a 200 nenas e nenos de entre 6 e 10 anos en horario de tarde.

A inscrición farase entre as 09.00 e as 14 horas nas oficinas da Piscina Municipal de Frigsa e a matrícula será directa por estricta orde de chegada e o prezo do curso é de 40 euros.

Noticias relacionadas