O Pleno Municipal aproba máis dun millón de euros para axudas ao tecido asociativo lucense

Venres, 10 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Pleno Municipal de Lugo vén de aprobar, en sesión extraordinaria celebrada esta tarde, a actualización para o ano  2019 do IV Plan Estratéxico de concesión de Subvencións do Concello de Lugo, exclusivamente para a concesión de subvencións nominativas, cun total de 1.165.717,64 euros. Beneficiarán a asociacións e entidades lucenses de distintos ámbitos, tecido asociativo que desenvolve un labor fundamental no municipio, e que con estas axudas poderá desenvolver a súa actividade con maior facilidade.

O orzamento distribúese, por áreas ou materias, do seguinte xeito:

  • Deportes: 631.500 euros
  • Cultura: 109.900 euros
  • Muller: 32.3620 euros
  • Servizos sociais: 253.957,64 euros
  • Medio ambiente: 105.000 euros
  • Participación cidadá: 33.000 euros

Noticias relacionadas