O Plan E 2010 aproba oito proxectos de enxeñería que contarán cun orzamento de preto de 1.800.000 euros

Luns, 22 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, visitaron esta mañá as actuacións realizadas nas rúas Río Sil e Alexandre Bóveda con cargo do Fondo Estatal de Investimento Local. As melloras realizadas nesta zona da cidade contaron cun orzamento de preto de 269.000 euros.

Piñeiro anunciou nesta visita que o Goberno de España ven de aprobar oito proxectos da súa área que contarán cun investimento total de 1.753.689 euros. As actuacións previstas inclúen:
- A renovación de abastecemento e saneamento na rúa Illas Cíes,199.479´38 euros.
- Renovación de abastecemento e saneamento na rúa Río Cabe (Tramo San Lourenzo e Perpetuo Socorro),160.571,53 euros.
- Renovación de abastecemento e saneamento na rúa Illa de Man, 127.050,01 euros.
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Músico Falla, 204.551,13 euros.
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Mestre Soutullo, 229.974´12 euros.
- Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Marina Española (tramo Ramón Ferreiro- San Roque), 229.973´54 euros.
- Mellora da accesibilidade ao edificio municipal destinado á Casa da Xuventude, 202.015´79 euros.
- Alumeado público da rúa Pintor Corredoira e outras. 400.073´38 euros

Río Sil e Alexandre Bóveda
Na rúa Río Sil existían beirarrúas practicamente en toda a súa lonxitude, que se atopaban bastante deterioradas, sendo necesaria a súa renovación. Existían tramos renovados parcialmente con renovación de parte dos servizos, ben ligados a licenzas de obras ou ben a obras municipais ou doutras administracións.

Mediante esta actuación expúxose a renovación do pavimento de beirarrúa, incluíndo bordo e rígola, así como a renovación dos servizos de abastecemento e canalización de iluminación pública naqueles puntos nos que existía rede de iluminación pública grapado por fachadas.

Nos tramos nos que se renovou a rede de abastecemento substituíuse a tubaxe existente por tubaxe de fundición dúctil, instalando as correspondentes chaves de paso, bocas de rego e bocas de incendio. Renováronse, ademais, as acometidas domiciliarias.

Así mesmo eliminouse dun poste de formigón que soportaba unha liña eléctrica de baixa tensión (cruces aéreos).

A empresa adxudicataria foi Construccións Sanle Lugo, SL que realizou as obras nun prazo de 4 meses. Esta actuación contou cun orzamento de 139.451,16 euros e con catro traballadores que xa estaban integrados na empresa e un de nova contratación.

Por outra banda, os Concelleiros visitaron a nova pavimentación de beirarrúas en Alexandre Bóveda realizada tamén por Construccións Sanle Lugo, SL. Para executar esta obra a empresa contou con catro traballadores da empresa e dous de nova contratación.

Na rúa Alexandre Bóveda existían beirarrúas practicamente en toda a súa lonxitude, que se atopaban bastante deterioradas, sendo necesaria a súa renovación.

Mediante esta actuación expúxose a renovación do pavimento de beirarrúa, incluíndo bordo e rígola.

As obras consistiron, en definitiva, nunha renovación do pavimento de beirarrúas en Alexandre Bóveda que contaron cun orzamento de 129.187,81 euros e un prazo de execución de catro meses.

Fondo Estatal Investimento Local

Multimedia

Noticias relacionadas