O Plan de Barrios dedica 1,1M€ a pavimentación, 650.000€ a saneamento e abastecemento, e 750.000 a humanización

Luns, 18 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dentro do percorrido administrativo que debe seguir a tramitación do proxecto de Orzamentos 2018, este luns celebrouse a Comisión de Contas, na que o Goberno afondou no Plan de Barrios, dotado con 2,5M€, explicando a distribución deste importe por liñas de actuación:

- Pavimentación (demolición ou fresado, limpeza e acondicionamento, reposición e rexeneración, drenaxe superficial, sinalización viaria, entre outras actuacións): 1,1M€. Entre outras, prevé e a mellora da rúa dos Chaos e a súa prolongación, Camiño de Liñares, Río Sar, Armiño, Garabolos, Avutarda, tramo Alba-Ponte N-VI, República Arxentina, Salvador de Madariaga, Anxo López Pérez, Santo Grial, Sagrado Corazón, A Chanca, Xuíz-Paseo do Rato, Camiño do Barreiro, Montirón e San Fiz.

- Abastecemento e saneamento (implantación ou renovación): 650.000€. Prevense, entre outras actuacións, nas zonas de Torre de Doncos, As Saamasas, Escalinata da Estación, Avenida da Coruña e rúa Pedáneo Xoán Diego.

- Humanización de espazos públicos: 750.000€. Entre outras medidas, contémplase a instalación da cuberta da rúa Quiroga Ballesteros e dun elemento escultórico na Praza Maior.

Noticias relacionadas