O Pazo de San Marcos acolle a proxección de 6 curtametraxes contra a violencia de xénero, a través do programa Mulleres con Forza

A través destas pezas audiovisuais, dáse visibilidade á violencia contra a muller. Con estas curtas, tamén se afonda en diferentes tipos de agresións contra ás mulleres: violencia no fogar ou tráfico de mulleres, entre outros

Luns, 08 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Pazo de San Marcos acolle a proxección de 6 curtametraxes contra a violencia de xénero, a través do programa Mulleres con Forza

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, presentaron, este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Ciclo de curtos contra a Violencia de Xénero. Esta cita enmárcase nas novas actividades do programa Mulleres con Forza, posto en marcha por Concello e Deputación co fin de achegar o feminismo á cidadanía.

A través das 6 pezas audiovisuais que compoñen o ciclo, dáse visibilidade á violencia de xénero, un problema que afecta a toda a sociedade. Afóndase, a través destas curtametraxes, en diferentes tipos de agresións contra ás mulleres: violencia no fogar ou tráfico de mulleres, entre outros. Coa programación de Mulleres con Forza, que inclúe novas actividades ao longo dos meses de abril, maio e xuño, Concello e Deputación empoderan á figura da muller ao tempo que se achega o feminismo á cidadanía.

A xornada inclúe a proxección dun total de 6 curtametraxes, todas elas relacionadas co mundo da violencia de xénero:

  • El orden de las cosas: dirixida por José Esteban Alenda e César Esteban Alenda, esta peza audiovisual narra a vida de Julia que transcorre na bañeira. Gota a gota reunirá o valor necesario para cambiar o orde das cousas.
  • No aguanto a tus padres: dirixida por Javier Cano e interpretada por David Bendito e María Zabalza, denuncia a violencia contra as mulleres no fogar.
  • Miente: da man da directora Isabel de Ocampo e galardoado cun premio Goya, narra a historia sobre o tráfico ilegal de mulleres, a través da mirada dunha prostituta.
  • Recursos humanos: o director Joan Álvarez Lladós, amosa nesta curta unha visión do mobbing e do acoso psicolóxico no traballo.
  • Deazularrojo: esta produción dirixida por Ana Lorenz e interpretada por Ramon Orozco, David Matarín e Nuria Herrero, conta a historia dunha forma moi innovadora e con moi bos medios técnicos. Esta curta foi galardoado co premio NotodoFilmFest.
  • Libre directo: dirixido por Bernabé Rico, narra a historia de Adela, unha muller de 60 anos que vive unha vida que nunca desexou ter, sen fillos e cun marido que a anula. Un día ofrécenlle a oportunidade de deixar a súa vida atrás cumprindo un único requisito: meter un gol desde o centro do campo. Sen botarse atrás, Adela decide adestrarse para o gran día.

Noticias relacionadas