O Pazo de Feiras e Congresos acolle a III Concentración Moteira Beiras do Miño este sábado e domingo 18 e 19 de abril

Dentro do programa de actividades destacan a Feira da Moto 2015 e as actuacións de Miguel Costas, Familia Caamagno, The Ladies, ou Arrythmia

Martes, 14 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación da III Concentración Moteira Beiras do Miño

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, presentaron a terceira edición da Concentración moteira Beiras do Miño, que terá lugar esta fin de semana, o sábado 18 e o domingo 19 de abril de 2015.

Nesta terceira edición, na que se une a feira da moto e bicicleta coa concentración moteira Beiras do Miño, haberá unha exposición coas últimas novidades e innovación do mundo da moto e da bicicleta repartidas en máis de 6.000 metros cadrados. Ademais, acompañarase cun amplo programa de actividades como concertos, actividades infantís, ou espectáculos de trial e motocross. Na organización deste evento tamén participan a grande maioría dos clubs motoristas de toda a provincia de Lugo.

Entre os grupos de rock que participan no evento destacan Miguel Costas, Familia Caamagno, Dakidarria, Bastards on Parade, The Ladies, Madmartin, The Howlin Drifters e numerosos DJ.

Carmen Basadre indicou que “esta actividade é un motivo máis para que moitas persoas amantes do motor se acheguen a Lugo e coñezan a nosa cidade, ademais de gozar dunha contorna única como é a do río Miño e a Ponte Romana”. Neste sentido, tamén informou que os motoristas farán un percorrido polo Concello de Lugo para coñecer diferentes paraxes do mesmo.

Para máis información sobre este evento do motor, pódese consultar no teléfono 982.285.200 ou no 661.550.469.

Descargas

Noticias relacionadas