O patio do Vello Cárcere acolle o concerto de Nadal da Escola Municipal de Música

Xoves, 21 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O patio do Vello Cárcere acolle o concerto de Nadal da Escola Municipal de Música

O patio do Vello Cárcere acolleu este xoves o concerto de Nadal da Escola Municipal de Música, unha actividade enmarcada dentro da programación posta en marcha polo Concello para estas datas festivas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e os Concelleiros de Educación e Infraestruturas Urbans e Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Manuel Núñez e Carmen Basadre, respectivamente, asistiron a esta cita, que arrincou coa actuación do grupo de música tradicional. Seguidamente foi a quenda do grupo de pandeiretas e do de clarinetes. O broche de ouro a este concerto correu a cargo da Banda de Música da Escola, cuxos integrantes sairon á escena engalanados con gorros de Papa Noel.

Paralelamente, o auditorio deste centro cultural foi testestumuña da presentación do libro Lo que el viento no se llevó, Relatos para espertar a memoria, das artistas Luz Darriba e Anahí Almasia. Esta publicación está conformada por catorce relatos curtos que teñen como tema a memoria histórica. O libro está prologado por Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz 1980, María Jesús Souto Branco, doutora en Historia Contemporánea pola USC, investigadora da memoria histórica, e Carmen García-Rodeja Arribí, voceira da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica. A presentación correu a cargo de Jesús Alonso Montero.

Noticias relacionadas