O parque infantil de A Milagrosa quedará instalado a finais de setembro e o novo parque da Praza de Bretaña, este mes

Lara Méndez estivo na Praza da Milagrosa para ver a zona onde se instalará o parque e visitou o avance da instalación do parque de Bretaña

Luns, 05 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O parque infantil de A Milagrosa quedará instalado a finais de setembro e o novo parque da Praza de Bretaña, este mes

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do voceiro socialista, Miguel Fernández, estivo na Praza da Milagrosa revisando a zona onde se instalará o novo parque infantil, que substituirá ao que se retirou para acometer as obras de peonalización deste espazo público. 

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobará o contrato da instalación desta área de xogos infantil con pavimento de seguridade, que contará cun orzamento de 20.712 euros, IVE incluído, e un mes de execución. A empresa gañadora da licitación é Calfesa Proyectos S.L ao considerar á Mesa de Contratación que presentou a oferta con máis contido e más integrada desde o punto de vista arquitectónico e paisaxístico.

A empresa comprométese, ademais, a incrementar as frecuencias esixidas de inspeccións ao parque infantil, tanto de maneira ocular como funcional de xeito semanal, así como anual. Tamén comprométese ao mantemento integral durante seis anos, catro máis que os esixidos nos pregos de condicións.

Lara Méndez lembrou que o parque instalarase na mesma zona que o anterior, dando así resposta a esta petición da veciñanza do barrio.

73 parques infantiles

A alcaldesa tamén revisou a semana pasada, xunto co concelleiro de edil Ambiente, Alvaro Santos, o avance das obras do novo parque infantil na Praza de Bretaña, execución correspondentes aos orzamentos de 2018 do Plan de Barrios e que conta un orzamento de 75.641 euros (IVE incluído).

Os xogos que terá esta área infantil, das que os nenos e nenas poderán gozar antes de rematar o mes, serán os seguintes: pórtico de columpio dobre con asento plano de goma e asento cuna para bebés, xogo múltiple singular, torre multidisciplinar múltiple, tres muelles representativos de figuras de animais, un muelle inclusivo representativo dun vehículo tracción mecánica, unha casiña de xogos, figuras xeométricas e un xogo tubo ou túnel baixo a montaña.

O Concello de Lugo continúa así a sumar espazos para a convivencia dos veciños e veciñas, dende cativos a maiores. O número total de parques infantís de Lugo ascende a 73.

Noticias relacionadas