O parque de Frigsa conta cun novo rocódromo de escalada

A entidade local fixo unha achega de 10.000 euros para dotar a Lugo dun novo punto de deporte

Domingo, 14 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O parque de Frigsa conta cun novo rocódromo de escalada

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou o parque de Frigsa, onde o Concello instalou un novo rocódromo de escalada para os máis cativos, unha actuación que dá resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos. “Con esta nova instalación, a entidade local acondiciona as zonas públicas para a práctica de actividades deportivas o que contribúe a dinamizar a cidade”, subliñou o edil. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos lucenses que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

“Lugo é unha cidade volcada co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades”, asegurou Fernández, quen deu a coñecer que o Concello fixo unha achega de 10.000 euros para incorporar esta nova estrutura que mellora as dotacións deportivas coas que conta a cidade.

Miguel Fernández aproveitou a visita para animar aos nenos e nenas a practicar escalada neste rocódromo así como a partiicpar nas diferentes propostas de promoción da actividade física que leva a cabo o Concello.

Noticias relacionadas