O Concello súmase este martes á celebración do Día Mundial da Poesía cun recital a cargo de poetas lucenses

O acto, conducido por Toño Núñez, terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e a entrada ao mesmo é pública e gratuíta

Luns, 20 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración coa revista Xistral, organiza para mañá, martes 21 de marzo, un recital de Poetas en Lugo, que terá lugar a partir das 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Para esta audición, que servirá para conmemorar o Día Mundial da Poesía, están convocados poetas lucenses que colaboran na Revista Lucense de Creación Poética Xistral, creada por Manuel María e Manual Alonso Sopena no ano 1949.

O recital será conducido polo mestre, novelista e poeta, Toño Núñez, e a entrada ao mesmo é pública e gratuíta.

Noticias relacionadas