O número 21 da revista Xistral recolle a achega de 77 poetas e poetisas e as ilustracións do lugués Christian Villamide

Venres, 29 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O número 21 da revista Xistral recolle a achega de 77 poetas e poetisas e as ilustracións do lugués Christian Villamide

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a Toño Núñez, coordinador da nova edición da revista de creación poética Xistral, presentaron este xoves, nun ateigado Salón de Plenos, o número 21 desta publicación, editada polo Concello, que recolle a achega de 77 poetas e poetisas. Conta con 144 páxinas e ilustracións do artista lugués Christian Villamide.

No acto, Carmen Basadre amosouse orgullosa pola continuidade desta publicación, a única destas características en Galicia, creada por Manuel María cando tiña 21 anos, no ano 1949, en compañía dun amigo: Manuel Antonio Sopena. Esta publicación estivo durante moitos anos sen saír á luz ata que no 2000 o Concello recuperou a súa edición, coa publicación do seu número 3, xunto a Camilo Gómez Torres, encargado da coordinación desta revista dende aquela, ao que hoxe se lle fixo unha homenaxe. 

Noticias relacionadas