O novo plan de emprego municipal, eixo do almorzo de traballo que mantivo a Alcaldesa con mulleres empresarias

Unhas 10 mulleres acudiron a esta cita que serviu para intercambiar as necesidades e expectativas deste colectivo así como para coñecer os plans do Goberno respecto ao fomento do emprego

Para Lara Méndez, “as empresarias teñen moito que aportar a este plan, pois entendemeos que debe ir vinculado á demanda para poder ofrecer unha boa oferta e facer que a efectividade sexa do máis alta posible”

Mércores, 01 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O novo plan de emprego municipal, eixo do almorzo de traballo que mantivo a Alcaldesa con mulleres empresarias

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este mércores no Salón de Comisións un almorzo de traballo con representantes da Asociación de Mulleres Empresarias. Unhas 10 mulleres acudiron a esta cita que serviu para intercambiar información sobre as necesidades e as expectativas que teñen as mulleres empresarias, así como para coñecer os plans do Goberno Municipal respecto ao fomento do emprego e a empregabilidade, para os que destina 5 millóns nos orzamentos deste 2016, dos cales 1,1 se dedicarán a poñer en marcha un plan de emprego municipal, que busca a implicación de todos os axentes sociais e do tecido económico do municipio, como dita asociación.

“As mulleres empresarias teñen moito que aportar a este plan de emprego, que entendemos que debe ir vinculado á demanda para poder ofrecer unha boa oferta e facer que a efectividade sexa o máis alta posible, non só na execución senón no mantemento dos postos de traballo que podemos xerar”; subliñou a Alcaldesa, quen asegurou que “é imprescindible contar coa experiencia de primeira man das empresarias, que son xeradoras de emprego, e polo tanto cumpren unha función social e dinamizadora dentro do Concello”.

Lara Méndez, quen insistiu na importancia das políticas de conciliación da vida familiar e laboral, tamén lles deu a coñecer polo miúdo o plan Inicia Coworking, que conta cun orzamento de 800.000 euros, e grazas ao cal se ofrecerá a máis de 260 lucenses un apoio integral, individual e personalizado para pór en marcha con éxito unha empresa.

Nesta xuntanza tamén se transladou a vontade tanto por parte da rexedora como das empresarias de seguir con lazos e vínculos de colaboración, “pois as empresarias, que teñen un local no CEI-NODUS, fan aportacións moi boas, atendendo consultas e complementando información que se da dende o Concello”, segundo explicou a rexedora.

No almorzo de traballo tamén se puxo de manifesto a importancia de unir forzas entre administracións e asociacións para aproveitar os recursos existentes e facer cidade entre todos.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o novo plan de emprego municipal |Descargar mp3

Noticias relacionadas