O novo céspede artificial dos campos da Cheda e de Frigsa estará listo o vindeiro mes de setembro

Miguel Fernández supervisou o inicio das obras, froito dun convenio de colaboración asinado entre os Gobernos do Concello e da Deputación

"Hoxe é un día importante para o deporte base lugués", pois estas obras, ademais de satisfacer unha demanda de moitos xogadores e afeccionados, "vannos permitir gañar en comodidade e seguridade nunha práctica deportiva na que particpan moitos lugueses e luguesas"

Martes, 21 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O novo céspede artificial dos campos da Cheda e de Frigsa estará listo o vindeiro mes de setembro

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este martes o inicio dos traballos para dotar de novo céspede artíficial ao campo de fútbol municipal da Cheda, unhas tarefas que xunto ás de renovación do céspde de Frigsa contan cun importe duns 356.000 euros. Un convenio de colaboración asinado entre os Gobernos do Concello e da Deputación fan posible estas actuacións, cun prazo de execución de catro semanas. É dicir, o vindeiro mes de setembro, A Cheda e Frigsa estrearán novo céspede.

As obras, que comezarán os vindeiros días nas instalacións de Frigsa, consisten, en ambos casos, na substición do pavimento de céspede artifical actualmente existente no terreo de xogo dos campos, aproveitando a infraestrutura, e mediante un sistema de retirada sustentable por medios mecánicos con aproveitamento de recheos. Con este investimento dotarase a estes dous complexos dun céspede de ultima xeración e adaptado ás normas e esixencias actuais.

Concretamente, os traballos consisten no desmonte, retirada e provisión en obra de equipamento deportivo (porterías fútbol 11 e 7) para a súa posterior instalación. Antes de proceder a colocación do novo sistema de céspede artificial, procederase á limpeza da superficie de aglomerado asfáltico, e verificarase a correcta planeidad da mesma, procedendo á reparación dos defectos ou bultos. Posteriormente, unha vez verificados os correctos estados, instalarase o sistema de céspede artificial de base elástica, composta de escuma de poliolefina reticulada de célula pechada dun mínimo de 10 mm. de espesor, cunha absorción de impacto mínima do 33 % e deformación vertical de 6,9mm; impermeable e acanalada pola súa banda inferior e densidade mínima 50 kg/m2, ou equivalente.

Para Fernández, "hoxe é un día importante para o deporte base lugués", pois estas obras, ademais de satisfacer unha demanda de moitos xogadores e afeccionados, "vannos permitir gañar en comodidade e seguridade nunha práctica deportiva na que participan moitos lugueses e luguesas, pasando unhas 500 persoas de media por estas dúas instalacións deportivas municipais".

Paralelamente, o Goberno de Lugo traballa para continuar co cambio de céspede nos restantes campos que o precisen, indicou o edil.

Audio

Noticias relacionadas