O novo Centro de Convivencia "María Balteira" empezará a funcionar dende o martes

Xoves, 27 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou hoxe o novo Centro de Convivencia e Casa das Línguas María Balteira, situado no barrio de A Piringalla.

O Alcalde dixo que “este magnífico Centro de Convivencia será un lugar de encontro para os veciños e axudará a facer máis barrio”. Lembrou tamén que as novas instalacións “substitúen á caseta de obra que usaban os veciños para reunirse que a súa vez substituiu á caixa dun camión onde os veciños pasaban a tarde xogando a partida”.

López Orozco indicou que o Centro de Convivencia abrirá o día 1 de xuño e destacou que a Casa das Línguas será a segunda que funcione na cidade e prestará servizo á zona Norte. O Alcalde agradeceu a colaboración económica do Goberno que permitiu facer esta obra “sumando esforzos é como se logran obxectivos” destacou López Orozco que tamén minalou que “o barrio vai mellorando”. Tamén comentou que “aínda que o momento económico é o que é, seguiremos esforzándonos para que os veciños disfruten das mellores condicións”.

Na visita que congregou a numerosos veciños da Piringalla o Alcalde estivo acompañado polo Subdelegado do Goberno, a Concelleira de Benestar Social e representantes dos tres grupos políticos do Concello.

A obra supuxo un investimento de 914.877 euros, que financiaron o Concello e o Goberno central.
O edificio construíuse nunha parcela de 529 metros cadrados na confluencia das rúas Angelo Colocci e Lavandeira. O semisótano está adicado á Casa das Línguas mentres que a planta baixa e a primeira ocuparaos o Centro de Convivencia.

Multimedia

Noticias relacionadas