O muralista Eduardo Baamonde gaña o 2º Combate Mural organizado pola área de Cultura dentro do festival de arte Culturbán

O edil de Educación, Felipe Rivas, entregou os premios do combate mural, que contou coa participación de 10 muralistas

Felipe Rivas: "Culturban é unha mostra de arte na rúa que propón redescubrir a contorna urbana a través de distintas intervencións artísticas"

Domingo, 22 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O muralista Eduardo Baamonde gaña o 2º Combate Mural organizado pola área de Cultura dentro do festival de arte Culturbán

O edil de Educación, Felipe Rivas, entregou os premios da 2ª edición do Combate Mural, organizado pola área de Cultura e o espazo LUPA Arte dentro da segunda edición do festival de arte urbano Culturbán. Felipe Rivas destacou o Culturbán como “unha mostra de arte na rúa que propón redescubrir a contorna urbana a través de distintas intervencións artísticas”.

O Combate Mural tivo lugar hoxe entre as 9 e as 18 horas. O xurado, conformado por Xermán Álvarez, Christian Villamide e Anxo Lamelo escolleu a Eduardo Baamonde como gañador deste combate mural. O segundo e o terceiro premio foron para Juan José López (Lomarti) e Isabel Seidell. Os tres gañadores recibirán premios de 1000, 700 e 300€ respectivamente.

O festival de arte Culturbán continúa coa mostra Xanelas Abertas, unha colección de imaxes nas que se pode ver o saber facer tradicional, a artesanía e a alta costura dende a súa forma máis pura. As señas de identidade da mostra márcanas o deseño, a vangarda e o  estudo dos patróns e a investigación de texturas e novas formas de bordado. Xanelas Abertas pode verse nas ventás do Círculo das Artes na rúa Bispo Aguirre.

Multimedia

  • O muralista Eduardo Baamonde gaña o 2º Combate Mural organizado pola área de Cultura dentro do festival de arte Culturbán

Noticias relacionadas