O Monte Segade converterase este sábado en circuíto de orientación

Miguel Fernández, Tito Valledor, Manolo Castiñeiras e Pedro Parga presentaron este mércores no Salón de Plenos o XIV Trofeo El Progreso Cidade de Lugo de Orientación, que reunirá na cidade a uns 400 participantes

Mércores, 16 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Monte Segade converterase este sábado en circuíto de orientación

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente do Club Fluvial, Tito Valledor e o directivo e un representante da sección de orientación do club, Manolo Castiñeiras e Pedro Parga, respectivamente; presentaron este mércores no Salón de Plenos o XIV Trofeo El Progreso Cidade de Lugo de Orientación, que se celebrará o vindeiro sábado, 19 de marzo, nas inmediacións do Monte Segade. O Concello colabora co Club Fluvial neste evento deportivo posto que se enmarca na súa aposta polo fomento do deporte ao tempo que se promove a cidade de Lugo.

Neste senso incidiu Fernández durante o acto de presentación, onde destacou a capacidade de Lugo para seguir acollendo actividades deportivas, que ademais ofrecen un pleno contacto coa natureza. Trátase de actividades que conlevan a práctica de exercicio físico ao tempo que atraen a visita de participantes, familiares e seguidores, aumentando o potencial deportivo e turístico da nosa cidade. “As boas condicións do noso municipio para a práctica tanto deste como doutros tantos deportes, cun entorno envidiable para a realización de actividades, xoga ao favor de Lugo, que sigue apostando pola celebración de diferentes probas no seu municipio”, asegurou o Concelleiro.

O edil aproveitou para agradecerlle esforzo do Club Fluvial pola organización desta proba, coa que se realiza unha importante promoción da cidade e do seu patrimonio, ao tempo que convidou a todos os amantes do deporte e da natureza a participar neste evento deportivo de “pensar e correr”.

Máis de 400 participantes

Ás 10:30 horas arrancará a celebración do XIV Trofeo El Progreso Cidade de Lugo de Orientación, que reunirá na cidade a uns 400 participantes de 15 categorías diferentes–tanto masculina como feminina-, que recorrerán dende os 2,1 quilómetros ata os 8 quilómetros, cun desnivel entre os 95 e os 320 metros. 

Noticias relacionadas