O MIHL estrea unha exposición en memoria dun estudoso e protector do patrimonio no rural: o lugués José Da Riva

Carmen Basadre inaugurou a mostra, que se poderá visitar ata o 15 de xaneiro, en horario de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas; e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas

Mércores, 21 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL estrea unha exposición en memoria dun estudoso e protector do patrimonio no rural: o lugués José Da Riva

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este mércores unha nova mostra temporal no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Trátase da exposición José Da Riva: Un labrego por obriga con grandes inquedanzas; ideada pola filla deste veciño de Lugo e comisariada por Adolfo de Abel Vilela e Felipe Arias.

José Da Riva foi un labrego singular para os tempos e circunstancias nas que lle tocou vivir. Naceu en 1916 en Penarrubia, na parroquia de Orbazai, e morreu no mesmo lugar en 1999. Foi un home polifacético e enormemente curioso. Marcado pola mobilizaación forzosa da guerra civil de 1936, fíxose labrego por obriga ao non poder estudar, pero manifestando inquedanza por moitas materias, confesadas nalgúns dos seus escritos, como a arqueoloxía, a historia, a xeoloxía, a mecánica ou a electróncia.

Doou varias pezas e obxectos de caracter arqueolóxico, para o Museo Provincial

En 8 paneis e 12 vitrinas, a mostra amosa fotos e documentos persoais de Da Riva "figura digna de recordo de Penarrubia e Orbazai". É, polo tanto, segundo a define Carmen Basadre, unha exposición en memoria dun estudoso e protector do patrimonio arqueolóxico no rural.

José Da Riva: Un labrego por obriga con grandes inquedanzas poderase visitar ata o 15 de xaneiro, en horario de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas; e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. 

Noticias relacionadas